sábado, 6 de febreiro de 2021

PIXEL

Esta semana presenteilles aos peques esta actividade xenial para o traballo de xeometría. É unha actividade moi esixente que require de moita atención e concentración, así como de boa percepción espacial e visual. Gustoulles moito e algúns me pediron patróns para levar a casa así que prepareilles este pdf con deseños que seleccionei de Pinterest. Intentei incluir deseños con diferente grao de dificultade coma sempre, así que como lle dixen na clase, empezade polos máis sinxelos para ir afacéndose. Por suposto, que hai a peques que non lles gusta este tipo de traballo, é normal. Cada peque ten as súas habilidades e gustos,  así que o importante é que desfruten da actividade.

DESEÑOS PIXEL 


Aquí tendes algunhas fotos desta semana en clase:













Ningún comentario:

Publicar un comentario