domingo, 31 de xaneiro de 2021

EXPRESIÓN ORAL

Pedro falounos dos chimpancés. Por fin nos quedou clara a diferenza entre os monos e os simios! Interesante! Soubo responder moi ben ás preguntas dos compañeiros. 






Martín Potti deulle a volta á tortilla e foi entrevistado polo seu pai, xa que Martín é un experto en literatura infantil. Que envexa de biblioteca! Martín ensinounos moitos libros bonitos! Aos peques fíxolles ilusión cando saía algún libro que eles tiñan tamén. Na rolda de preguntas tamén estivo moi acertado coas respostas. 





Quizais a charla de Fiz foi a que espertou máis interese nos compis. Estaban súper atentos e interesados! Fiz explícase moi ben e iso axuda moito a manter a atención por suposto. Explicounos como foi a incubación de ovos de galiñas que fixo na súa casa. Tivo moitas preguntas na rolda final que soubo responder moi ben. Aos compis encantáronlles os nomes que lles puxo aos pitiños!  Tamén lle pediron si podía traer a algún dos 5 pitiños a clase! Xa lles expliquei que este ano mellor con unhas fotos ou vídeos xa estaría ben!






A última charla que tivemos esta semana foi a de Joni. Falounos da súa cadela e trouxo fotos e vídeos de cando ambos eran pequenos. O vídeo da piscina encantoulles aos compañeiros/as. 






    DE NOVO, DARVOS AS GRAZAS POR COLABORAR NESTAS TAREFAS COS PEQUES!

venres, 29 de xaneiro de 2021

DÍA DA PAZ

Entre todas as clases fixemos un carteis para decorar o cole. A 1º tocounos o R, para formar a palabra GRAZAS. Quixemos agradecer aos diferentes colectivos a súa axuda nestes momentos que están sendo tan difíciles. A nosa clase quixo agradecer o esforzo dos traballadores dos supermercados. Ademais a cada clase se lle deu unha cor do arco da vella, e para 1º, como sabedes, foi a cor laranxa. Unha cor moi alegre e vibrante. Que sorte!











Estivemos a falar como sería un compañeiro ou compañeira merecedor do premio nobel da paz e despois de moito discorrer fixemos unha mini lista das moitas cousas que falaron.

Despois fixeron as súas votacións, e elexiron a 5 compis de clase que crían ser merecedores de tal premio. Fixemos o reconto.


E os gañadores, elexidos por eles mesmos foron...(aquí faltaría Lucía que hoxe non puido vir).

Despois do resultado, reflexionamos sobre as características dos dous peques con máis votos. Dixéronlles porqué crían que o merecían, e foi un momento moi bonito. Foi unha actividade con moito proveito que lles axudou a ver que cousas aprezan os compis entre eles.

O equipo laranxa!!!!!!!!!





























 

E O VÍDEO CON TODOS OS COMPIS DO COLE.