Hoxe, tres valentes, foron os primeiros en presentar os seus proxectos de expresión oral, e o fixeron xenial.
Enzo, fixo unha exposición moi clara sobre os dinosaurios, nos que é experto. Ademais, os dinosaurios, resulta ser un tema de moito interese para moitos compañeiros cos que compartir datos, lecturas...
Duna, traeunos un vídeo coa entrevista que lle fixo ao seu pai, moi afecionado á cociña. Na rolda de preguntas, Duna puido explicarnos detalles coma o que é o sushi, ou cal é a pizza favorita que lle prepara o seu pai.
Fiz, elexiu ao lince ibérico para a súa presentación dun animal. Aprendemos moitísimas cousas xa que Fiz é un auténtico coñecedor da materia e tiña moi, moi ben preparada a súa exposición. Soubo responder moi ben ás dúbidas na rola de preguntas. Ademais aos peques encantoulles o material que preparou para colocar na clase, sobre todo o debuxo que fixo.
Grazas familias por axudarlles a preparar estes traballos tan chulos dos que desfrutamos un montón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario